Área Comercial

Estimado asociado:


 


            A Dirección Xeral de Comercio e Consumo concedeunos unha subvención ó 50%, para a creación dunha Área Comercial (AC) en Arcade. Hai tres actuacións subvencionables:


 


            - Unidade Xerencial; mediante a cal se contratou a Yolanda catro meses máis.


 


            - Sinalización; que consiste en realizar planos guías cos establecementos da     (AC), unha especie de pegatinas que distingan ós que forman parte e bolsas co        logotipo da Área.


            Tanto as guías como as pegatinas son gratuitas, e as bolsas están         subvencionadas. Rogaríamos a todos os comerciantes asociados que empregen             bolsas plásticas que se poñan en contacto con AEAS (no teléfono 986.700.766) a           fin de recabar información sobre tamaños e cantidades que se utilicen entre os             establecementos.


 


            - Formación; realizarase un curso de escaparatismo, gratuito, ó cal poden      acceder tanto autónomos como empregados que formen parte da AEAS. Para             anotarse hai que presentar unha fotocopia do D.N.I. e da tarxeta da Seguridade Social (polas dúas caras), fotocopia do último recibo de autónomos ou a        cabecera da nómina e cubrir un impreso, que se atopa no local da AEAS.     Tamén poden chamar ó local 986.700.766 para que alguén lle recolla a           documentación no seu establecemento. A data límite para anotarse é o 23 de Setembro, o curso terá lugar os Luns, Mércores e Venres, de 21:00 a 23:00           horas, en Arcade, e comezará o 28 de Setembro.


 


            Mediante a Fundación Tripartita e o Fondo Social Europeo tamén terá lugar un curso de Prevención de Riscos Laborais, homologado e destinado únicamente a autónomos. O curso é de 100 horas das cales 25 son presenciais e 75 a distancia. A documentación precisa para anotarse é a mesma que para o de escaparatismo, polo cal si alguén quere facer os dous non ten que traer a documentación por duplicado. A data límite para anotarse é o 23 de Setembro e comezará o 18 de Outubro.


 


            A AEAS está interesada en realizar cursos do Servicio Galego de Igualdade, pero para iso precisa realizar unha ampliación nos Estatutos. No Capítulo I, artículo 4º:


“ Son fines de la Asociación, la gestión, defensa y coordinación de los intereses comunes de sus miembros.”


  


 


Se cambiará por:


“ Son fines de la Asociación:


-         la gestión, defensa y coordinación de los intereses comunes de sus miembros.


-         Trabajar en el área de la mujer, para mejorar la calidad de vida y la participación de estas, especialmente de aquellas que sufren algún tipo de carencia, marginación o desatención.”


            Tódolos socios teñen dereito a presentar alegacións a este cambio, antes de que se celebre a Asamblea Xeral de Socios.


 


            O “Proxecto de Ley Reguladora de la venta, el suministro, el consumo y la publicidad de los productos del tabaco”, xa está a disposición dos asociados no local da AEAS, así como as alegacións da Federación de Hostelería. Sinalar que os bares, restaurantes e demáis establecementos de restauración cunha zona destinada a clientes superior ós 100 m2 terán que habilitar zonas exclusivas para  fumadores.


 


            A Universidade Europea de Madrid organiza un Máster en Dirección de Empresas a distancia, para o cal non é necesario ter formación universitaria. Existen becas e diferentes formas de financiación para poder realizalo. Para máis información chamar a: Alberto Durán 619.328.288


 


 


Dúas empresas presentaron unha colaboración para os asociados:


 


ARCADE VISIÓN


10% dto. en gafas graduadas


10% dto. en lentes progresivas


10% dto. en gafas de sol


20% dto. en lentes de contacto anuales


 


Servicios Gratuitos para usted y familiares:


Revisión de la vista                            Audiometría (revisión del oído)


Limpieza de lentes de contacto          Mantenimiento de su gafa


 


           


CORREDURÍA DE SEGUROS S4


Adxúntase a colaboración


 


  


Atentamente:


                        A directiva


 


 


 

30/09/2005 Escrita por   aeas   

Administrar